jueves, 4 de febrero de 2016

Teoría do coñecemento de Aristóteles

Aristóteles rexeita a teoría da reminiscencia de Platón. Para el non existen as ideas innatas. O coñecemento ten a súa orixe na experiencia (método inductivo).A Aristóteles parécelle impensable que se poida concibir o coñecemento sen partir do que temos máis próximo, é dicir o obxecto corpóreo e sensible.
 A primeira facultade do coñecemento é a sensibilidade. Mediante os sentidos cáptanse as calidades das cousas, téñense sensacións. Neste momento éntrase en contacto coa sustancia primeira, coa materia.
 O seguinte paso no proceso de coñecemento é a imaxinación. Esta facultade
Está a medio camiño entre a sensación e o entendemento. Para Aristóteles a
Imaxinación produce imaxes aproveitando o material que proporciona a sensación.
Destas imaxes servirémonos/servirémosnos para coñecer o universal, a forma, de maneira que sen imaxes non hai coñecemento.

 A segunda facultade do coñecemento é o entendemento paciente, que permite a reprodución mental dos obxectos cando non están presentes. Consiste na formación de imaxes xerais da realidade aínda ligadas á sensibilidade mediante a repetición de imaxes particulares de cada ser (experiencia). Este entendemento é paciente ou pasivo porque non leva a cabo en realidade ningunha acción, xa que recibe a información da imaxinación e dos sentidos aloxándoa meramente no seu interior.

- A terceira facultade é o entendemento axente, que actúa sobre a imaxe despegándola das características particulares e quedándose co concepto universal. Despois de que se viu? en repetidas ocasións un obxecto o entendemento axente elimina o particular, o individual de cada ser e quédase co universal, o concepto que fai referencia á especie (sustancia segunda).
Deste xeito, captando o universal compréndese o obxecto do que partimos.

Todo este proceso é coñecido como abstracción.

Aristóteles distingue varias clases de ciencias:

1 -Prácticas: As que conllevan unha acción no ámbito da sociedade: Ética e política.

2-Poiéticas: As que requiren unha técnica constructiva en particular: Poética e música. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario