(Non confundir con "teoloxía"). Teleología ou finalismo: de logos (teoría, explicación) e telos (fin). Os filósofos presentaron dúas teorías opostas para a comprensión dos cambios que ocorren na Natureza: a mecanicista e a finalista ou teleológica. A explicación teleológica mantén que só podemos comprender o cambio si referímosnos/referímonos (ademais da a causa eficiente, única causa á que se refire a explicación mecanicista) á causa final. Segundo a filosofía aristotélica as cousas do mundo e os cambios que lles ocorren poden ser ben por natureza, ben pola arte ou técnica, ben por azar. Excluíndo os que ocorren por azar, os outros dous tipos de cousas e de cambios esixen a referencia a unha finalidade: os seres artificiais teñen fins posto que foron construídos para algo, e o que fan fano para cumprir a súa función; no caso das cousas naturais é importante observar que a finalidade non se limita á esfera humana, onde se mostra con claridade pois o que os homes facemos facémolo por algo; é característico do punto de vista aristotélico ?e posteriormente tamén de Sto. Tomás? a defensa da existencia de finalidade en todo obxecto natural e nos cambios ou movementos naturais: así, o fin da semente é converterse en árbore, como o fin do neno é ser home; cada ser natural ten unha finalidade que está determinada pola súa forma ou esencia e á cal aspira e da que se di que está en potencia. Incluso os seres inorgánicos manifestan fins nos seus movementos pois aspiran a situarse no seu lugar natural (cando unha pedra cae móvese coa finalidade de estar no chan, que é o seu lugar natural, cando o fume ascende faio para situarse arriba, que é o seu lugar natural...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario